HomeDeportes60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de...

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A XI Subida A Taboada será a encargada de dar o pistoletazo de saída ó Campionato Galego de Montaña, a cita lucense que volveu a tempada pasada ó calendario para pechar o 2023 tras varios anos sen celebrarse, asume o reto de arrincar o calendario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que esta fin de semana ata sesenta equipos farán as delicias de todos os amantes do automobilismo, que de seguro se acercarán por milleiros ata a localidade taboadesa.

O trazado da Subida a Taboada permanecerá similar ás edicións históricas, cunha lonxitude de 3,3 quilómetros cronometrados na estrada LU-611. A liña de meta estará ubicada a poucos metros do centro de Taboada, facilitando o acceso ao evento desde diferentes puntos, sendo outro acceso posible desde a saída da proba.

Entre os sesenta equipos inscritos destaca o actual campión galego da especialidade, Jacobo Senín, que competirá novamente aos mandos da Novo Proto NP01, o estradense terá a Jesús Pombo ca Tatuus FR e o lucense José Alonso Liste co Dallara F306 como principais rivais para o triunfo final, aínda que non se pode descartar ós vehículos carrozados, que poden dar a sorpresa nunha fin de semana que estará marcada pola choiva, polo que Jorge Pérez co Hyundai I20 R5 ou Manuel Senra co Ford Fiesta WRC ademais de loitar polo triunfo na súa categoría, tamén poden intentar ser os máis rápidos dunha fin de semana que promete emoción. Nesta proba, nove equipos da propia Escudaría Taboada van intentar loitar por un bo resultado aproveitando que compiten na “casa”.

Este sábado ás 14:00 está prevista a primeira manga de adestramentos á que seguirán outras dúas mangas oficiais que pecharán a primeira xornada de competición, que se completará cunha sesión de autógrafos na Praza de Riazón por parte dalgunhas das lendas do Campionato Galego de Montaña, como son, entre outros; o lucense José A. Iglesias, o ourensán “Nonito” Gómez, o estradense José Martinez “Bamarti” e o incombustible Manuel Senra.

A xornada completarase con animación musical este sábado pola noite, a Escudaría Taboada ofrece así un evento máis completo para todos os equipos, afeccionados e veciñanza.

O domingo, a partir das 08:30h disputaranse unha manga de adestramentos e a terceira e cuarta manga oficiais. Os equipos sumarán a mellor manga do sábado e a mellor do domingo para decidir os vencedores de cada categoría.



ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...