HomesociedadeDando unha "volta en moto" con nada en regra

Dando unha “volta en moto” con nada en regra

A Garda Civil continúa cos controis para garantir a seguridade nas estradas e segue atopando persoas que incumpren o estado de alarma e que circulan sen contar cos requerimentos necesarios. Un dos últimos casos, un condutor de ciclomotor no Páramo.

Publicado o

- Advertisement -

Ás 17:20 horas do día 28 de abril, unha patrulla da Garda Civil de Lugo á altura do quilómetro 5,500, da estrada LU-613 (Portomarín – Cendoi), termo municipal do Páramo (Lugo), observa ao condutor dun ciclomotor, sen facer uso do casco de protección polo que procederon á detención do vehículo e identificación do seu condutor que resultou ser un home de 49 anos de idade, comprobando que sobre a licenza de condución da que é titular, pesa unha perda de vixencia que lle inhabilita para a condución de vehículos de motor.

O condutor resultou investigado como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria, ditas actuacións son remitidas ao Xulgado de Instrución de Sarria. Froito das xestións practicadas tense coñecemento que o ciclomotor carece de seguro obrigatorio e que non fora sometido á inspección técnica periódica, feitos que unidos á non utilización de casco protección, motivaron a confección dos preceptivos boletíns de denuncia para a súa remisión á Xefatura Provincial de Tráfico.

Engadir que tendo en conta que o único obxecto da viaxe era “dar unha volta en moto”, o desprazamento realizado polo investigado non se atopa dentro os autorizados no vixente estado de alarma, sendo postos os feitos en coñecemento da Subdelegación do Goberno ao considerar conculcada a normativa vixente.

ÚLTIMAS

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...