Homesociedade227 casos activos na provincia con 5 pacientes na UCI por Covid19

227 casos activos na provincia con 5 pacientes na UCI por Covid19

Na Ribeira Sacra, a residencia de maiores de Castro Caldelas informa da curación dun usuario. Neste centro quedan agora 3 usuarios infectados.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado, 2 de maio, a provincia de Lugo conta con 227 casos activos de coronavirus, 11 casos menos ca onte, dos que 5 están na UCI, 2 na Mariña e 3 no Hula; e 6 en hospitalización, igual ca onte. Dos hospitalizados 3 están no hospital Virxen do Ollos Grandes e outros 3 no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte segue desde o día 22 de abril sen hospitalizados por Covid19.

216 persoas están nos seus domicilios, 12 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 607 altas; 11 máis ca onte.

Os datos correspondentes á zona sur da provincia nas residencias de maiores e centros de atención a persoas con discapacidade mantéñense estables. Na Ribeira Sacra, a residencia de maiores de Castro Caldelas informa da curación dun usuario. Neste centro quedan agora 3 usuarios infectados.

ÚLTIMAS

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...