HomesociedadeSemana de brinde virtual cos viños da D.O. Ribeira Sacra

Semana de brinde virtual cos viños da D.O. Ribeira Sacra

Do 6 ao 13 de maio a D.O. Ribeira Sacra organiza un concurso de fotos para celebrar o Día Movemento Viño D.O. As fotos con máis "Me gusta" no Facebook da D.O. recibirán premios para coñecer a Ruta do Viño da Ribeira Sacra cando as circunstancias o permitan.

Publicado o

- Advertisement -

O calendario do sector do viño con D.O. en España ten cita este sábado, 9 de maio, co brinde do #DíaMovementoViñoDO. Será o cuarto ano que se celebra este brinde colectivo pero a crise sanitaria impide a súa celebración presencial como en anos anteriores.

Desde o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra apostan por ampliar esta cita polo que significa de posta en valor dos viños con D.O. e do traballo que denominacións de orixe, viticultores e adegas desenvolven na conservación e mantemento dos territorios e do tecido económico.

O C.R.D.O.R.S. propón unha semana dedicada ao brinde Día movemento viño D.O. Do 6 ao 13 de maio organizan un concurso de fotos, brindando con viño da D.O. Ribeira Sacra para difundilas nas redes e poñer en valor o traballo dos viticultores e adegueiros. As fotos máis votadas recibirán premios que farán gozar aos seus autores das riquezas da Ruta do Viño de Ribeira Sacra, cando sexa posible.

Participar e Premios

Para participar só hai que enviar unha foto por Whatsapp ao teléfono 647 59 57 47 entre o día 6 e as 00.00 do día 13 de maio. As fotos que deben de incluir brinde e botella de viño dunha marca da D.O. Ribeira Sacra publicaranse no Facebook da D.O. Ribeira Sacra cos hastags #BrindisMovimientoVinoDO #BrindisDORS. As 3 fotos que máis “Me gusta” reciban antes das 00.00 do día 13 de maio obterán premio. O sábado, 16 de maio, publicaranse os gañadores, que recibirán os seus premios en canto as circunstancias permitan gozar do enoturismo na Ruta do Viño de Ribeira Sacra.

Así os premios serán para dúas persoas:

  • Comida ou cea nun restaurante da Ruta do Viño de Ribeira Sacra
  • Aloxamento dunha noite e almorzo nun establecemento da Ruta do Viño de Ribeira Sacra.
  • Visita guiada a adega da Ruta do Viño de Ribeira Sacra con cata completa dos seus viños.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....