HomesociedadeSober pon instalacións a disposición de estudantes universitarios e de secundaria

Sober pon instalacións a disposición de estudantes universitarios e de secundaria

Para facer uso das instalacións só terán que pedir cita previa por teléfono ou correo electrónico.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober pon a disposición dos estudantes universitarios e dos de secundaria a Biblioteca Pública Municipal e a Aula Municipal de Novas Tecnoloxías, ambos espazos con acceso gratuíto a internet.

Para facer uso das instalacións tan só terán que pedir cita previa a través do teléfono ou do correo electrónico. Teléfonos: 82 400513 e 982 460414. E-mail:

biblioteca@concellodesober.com

informatica@concellodesober.com

O Concello de Sober pon a disposición do alumnado que o necesite ambos servizos para que poidan seguir cos seus estudos nun ambiente tranquilo.

Desde o Concello cumpriranse os protocolos necesarios de distancia entre usuarios, así como a desinfección dos locais e de todo o material de xeito continuado.

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...