HomesociedadeEquipos de purificación e desinfección para instalacións públicas no Saviñao

Equipos de purificación e desinfección para instalacións públicas no Saviñao

O Concello do Saviñao mercará, tralo acordo da comisión de seguimento da Covid19, oito equipos punteiros de desinfección para instalacións públicas. Trátase de equipos que  dispoñen dunha dobre función: purificadores e desinfectantes.  

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, subliña que “tres destes equipos instalaranse nas oficinas municipais para que todas as plantas da Casa do Concello estean purificadas e desinfectadas”.  Co mesmo obxectivo, proporcionaranse outros dous para o centro de saúde e outros tantos para a residencia de maiores.

O equipo purificador e desinfectante restante instalarase na gardería municipal que o goberno local intentará volver a abrir a partir do vindeiro día 26 para facilitar a conciliación laboral e familiar dos pais e nais que teñan que reincorporarse ao traballo “tendo en conta todas as indicacións que establezan as autoridades sanitarias”.

Armesto defende que se trata “dun servizo interesante que permitirá que todos os edificios públicos do noso municipio conten coa maior garantía fronte ao risco de contaxio tanto para os traballadores coma os seus usuarios”.

Desinfección por ozono

O goberno local tamén acordou a compra dun equipo de desinfección por ozono para acometer labores de desinfección dos vehículos do parque municipal e tamén daqueles que se dedican ao transporte público. “Facilitáraselles aos taxistas ou responsables do reparto de alimentación, carnicerías ou panaderías interesados no servizo”, explica o rexedor local.

Este servizo instalarase no mercado gandeiro e os interesados deberán solicitar quenda contactando co Concello que será o responsable de organizar quendas de media hora para efectuar a desinfección de cada vehículo.

Carlos Armesto engade que “tamén pensamos en prestar este servizo de desinfección por ozono aos negocios e establecementos abertos ao público”. Nese caso, “o servizo de desinfección poderá prestarse os sábados e domingos ou durante a semana no horario no que permanecen pechados os servizos municipais”.

ÚLTIMAS

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...