HomesociedadeComercio, Hostalería e Turismo marcas dun territorio que demandan definir as medidas...

Comercio, Hostalería e Turismo marcas dun territorio que demandan definir as medidas que lles afectan

O BNG da comarca Lugo Sul considera necesario e imprescindible escoitar a voz de quen ten suspendida a súa actividade, o que deriva en graves problemas para o sustento do negocio. 

Publicado o

- Advertisement -

Nunha xuntanza celebrada este sábado, 16 de maio, coa presenza de Olalla Rodil, parlamentaria por Lugo recolléronse os pareceres nos sectores do comercio, hostalería e turismo nas comarcas de Chantada, Monforte e Quiroga.

Os representante dos sectores económicos deixaron patente a orfandade por parte dalgunhas institucións, nomeadamente dos concellos, que máis alá de seren ou non titulares da competencia, “son quen deberían axudar a un sector que é clave para a supervivencia propia destes, así como prestar colaboración en tarefas básicas como as de asesoramento, achegamento de información ou de mantemento do territorio, tan importante para un xeodestino que vende a paisaxe como marca.”

A parlamentaria, Olalla Rodil, comprometeuse en nome do bng a seguir traballando para a reorientación de recursos como os 82 millóns de Euros que este ano 2020 a Xunta de Galicia tiña destinado á promoción do Xacobeo 2021, e que en todo ou en parte poden ser útiles para o sector.

O sector bota en falta protocolos claros de actuación, sobre todos os de carácter hixiénico sanitario e lamentan a carga burocrática e as dificultades que isto supón. Pide promoción dende as administracións, e recoñecen a incomodidade de teren que ser “subsidiados” da administración.

“Estamos nun momento crucial no que as administracións deben protexer  as iniciativas locais e pequenas que van ter maior dificultade de supervivencia, pero que son a marca  dos nosos destinos turísticos. Estes proxectos son fundamentais para a economía local porque alén de conservar e asentar poboación en idade activa na provincia, en especial no rural, favorecen de maneira clara a economía circular, que se demostrou imprescindible coa situación que estamos a vivir”, expuxo Rosa Ana Prieto responsable comarcal do bng, quen xunto cos demais responsables locais e Olalla Rodil reiteraron a dispoñibilidade do bng para que “nos utilicedes como ferramenta útil que leve a vosa voz ás diferentes institucións onde temos representación”.

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...