HomesociedadeA provincia segue a tendencia á baixa con 69 casos activos

A provincia segue a tendencia á baixa con 69 casos activos

A área sanitaria de Lugo rexistra este mércores, 20 de maio, un total de 69 casos activos, tres menos ca onte. Tan só o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) acolle pacientes de coronavirus.

Publicado o

- Advertisement -

Tres persoas continúan na Unidade de Coidados Intensivos do HULA e outra está hospitalizada en planta. O resto de positivos, 65, permanecen nos seus domicilios. Non se rexistran cambios no número de falecementos na provincia (27 dende o inicio da pandemia) e as altas ascenden ata as 837.

O número de casos activos de coronavirus en Galicia baixou nas últimas horas a 1.063, 73 casos menos que os notificados hai un día, e o cómputo de persoas curadas alcanza as 9.411, tras darse outras 130 altas, segundo os datos trasladados este mércores pola Consellería de Sanidade.

Fontes sanitarias precisaron que, do total de casos activos, 290 correspóndense coa área de Vigo, 285 son da área sanitaria da Coruña, 171 da área de Ourense, 168 correspóndense coa área de Santiago, 69 coa de Lugo, 51 coa de Pontevedra, e 29 coa área sanitaria de Ferrol.

ÚLTIMAS

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...