HomesociedadeMonforte renova os bolardos da rúa Conde

Monforte renova os bolardos da rúa Conde

O concello de Monforte anuncia a renovación dos bolardos da rúa Conde, concretamente os situados entre o tramo da rúa Compañía e a Avenida de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

Esta renovación, que consistirá na instalación de 38 bolardos novos, obedece a necesidade de repoñer bolardos desaparecidos ou substituír outros que se atopan deteriorados na citada beirarrúa correspondente ós seus números pares, co fin de evitar estacionamentos inapropiados ou non permitidos, e debido a que hai algúns tramos de beirarrúa que carecen deles.

Na parte final desta vía, na súa marxe esquerda á altura do edificio de Correos e do regato das Malloadas, detectouse a desaparición dos bolardos que se colocaran inicialmente, o que da lugar a que os vehículos estacionen literalmente na beirarrúa, algo que está prohibido pola normativa, dándose ademais a circunstancia que existe a unha distancia inferior a 100 metros un estacionamento público gratuíto, polo que segundo o criterio da Policía Local, tamén se aconsella a reposición destes bolardos, actuación que tamén está incluída nesta obra de mellora.

Os traballos de renovación e reposición dos bolardos da rúa Conde serán desenvoltos nos vindeiros días pola Brigada de Obras do Concello, e contan cunha inversión de 7.600 euros.

ÚLTIMAS

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...