HomesociedadeDiario da desescalada: Vístete, “teletraballador”

Diario da desescalada: Vístete, “teletraballador”

Moitas persoas comprobaron estes días o que todo teletraballador xa sabía. Resulta difícil convencer mesmo a un adulto de que as tarefas que se fan desde a casa merecen a mesma intimidade e tranquilidade que as que se farían nunha oficina ou nunha fábrica de aluminio.

Publicado o

POR
Ramón González Rey
- Advertisement -

O teletraballo, como o coronavirus, chegou para quedarse. Dino os expertos, como Jordi Serrano, do Future For Work Institute, que constataba nun encontro virtual impulsado pola Universidade da Coruña que se triplicou -do 10 ao 30%– o número de empregados en España que desenvolvían as súas tarefas nesta modalidade. O especialista en recursos humanos asegurou que “hai sinais en todos os sentidos” para confirmar a tendencia no post Covid-19, ao anunciar algunhas compañías que o permitirían “para sempre” e países como Alemañaanunciaran tamén que lexislarán sobre o dereito a teletraballar. Segue o Diario da desescalada no Xornal da Mariña.

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’  —agora Diario de desescalada— que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

Taboada celebra Raizames, encontro sobre a cultura do viño

O programa inclúe catas e degustacións; a proxección do documental Taboada, de Ribeira a...

“Profetas”, este 26 de maio no Auditorio Municipal de Quiroga

Elea López e Carlos Rebolo, fundadores da compañía luguesa, Ítaca Teatro, son os protagonistas...

O BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en Sanxumil

En palabras do portavoz nacionalista, “Queremos saber se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións...

‘II Certame de Relatos Manuscritos’ organizado por Peruchela Edicións

Despois do éxito colleitado na primeira convocatoria, o pasado ano, Peruchela Edicións vén de...