HomesociedadeTaboada celebra Raizames, encontro sobre a cultura do viño

Taboada celebra Raizames, encontro sobre a cultura do viño

A directora territorial en Lugo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou este venres na inauguración do III Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra Raizames, que se celebra en Taboada esta fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa inclúe catas e degustacións; a proxección do documental Taboada, de Ribeira a Ribeira; unha ruta cultural que fusiona arte e viño; ou un encontro de mulleres profesionais do sector.

Tamén se realizará a queima dunha facha organizada pola asociación As Fachas de Castelo e haberá varios concertos, entre eles os dos grupos Mediarea ou Andhrea and The Black Cats.

López salientou o apoio do Goberno galego dende a primeira edición desta cita, que enxalza a cultura vitivinícola da zona e dinamiza o concello durante toda a fin de semana. A iniciativa está promovida pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio (Acimta).

Raizames 2025 / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...