Homesociedade595.000 euros para a mellora do IES chantandino Lama das Quendas

595.000 euros para a mellora do IES chantandino Lama das Quendas

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica este xoves, 28 de maio, na plataforma Contratos de Galicia a adxudicación da rehabilitación enerxética do IES Lama das Quendas, en Chantada, por un importe de 595.497,87 euros.

Publicado o

- Advertisement -

As actuacións centraranse na mellora da eficiencia enerxética, actuando tanto no interior como no exterior do instituto. Por exemplo, mediante a colocación dun novo illamento na fachada, mediante o sistema SATE. Mudaranse as actuais fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo. Tamén se substituirán as persianas, que levarán illante térmico interior.

Contémplase tamén a mellora puntual da cuberta do polideportivo e a substitución do termo dos vestiarios. Xa no interior, os traballos completaranse coa restauración e pintado das aulas e corredores, en todos os seus parámetros, e a renovación e modernización dos aseos, incluído novo mobiliario, fontanería e saneamento. Tamén está previsto o abrillantado do pavimento de terrazo.

O delegado explicou que segundo as previsións que manexa a Consellería, as obras realizaranse no verán e estarán listas para o inicio do curso escolar. O prazo de execución de 2 meses e unha semana.

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...