HomesociedadeFuncións de balde do Circo Nevada como agradecemento á cidade de Monforte

Funcións de balde do Circo Nevada como agradecemento á cidade de Monforte

Ofrecerá actuacións durante oito días sen custe algún para agradecer a solidariedade que os veciños e institucións de Monforte tiveron con eles durante o estado de confinamento por mor da Covid-19.

Publicado o

- Advertisement -

O Circo Nevada, de orixe extremeña, viuse obrigado a permanecer en Monforte dende o mes de marzo por mor do estado de alarma decretado pola Covid-19, unha situación que seguimos dende Xornal de Lemos nunha entrevista na que coñecemos a precaria situación económica na que se encontran. Ante a posibilidade que se abre agora de realizar actuacións con público, cumprindo sempre coas estritas medidas de seguridade esixidas, os responsables do circo decidiron ofrecer funcións gratuítas para agradecer a solidariedade que os monfortinos e monfortinas tiveron con eles durante a confinamento que lles tocou vivir alonxados da súa terra.

Dende o Concello de Monforte apoian esta iniciativa concedendo os debidos permisos e facendo unha doazón de material de protección para o elenco artístico.  Ademais da axuda solidaria de particulares e empresas de Monforte para atender as necesidades máis básicas de alimentación dos compoñentes do circo durante estes meses de confinamento, tamén se ofreceu auxilio dende o equipo de Goberno do concello. A través dos servizos sociais municipais procedeuse a aprobar para o Circo Nevada unha axuda de emerxencia destinada á compra de alimentos en supermercado, e tamén se habilitou unha axuda para a adquisición de medicamentos.

As funcións terán lugar na explanada da rúa Sarria do 4 ao 7 de xuño e do 11 ao 14 do mesmo mes, ás 20:30 horas. Para poder beneficiarse destas actuacións será necesario reservar as entradas no teléfono 633 520 013, xa que o aforo é limitado.

ÚLTIMAS

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...

Taboada celebra Raizames, encontro sobre a cultura do viño

O programa inclúe catas e degustacións; a proxección do documental Taboada, de Ribeira a...

“Profetas”, este 26 de maio no Auditorio Municipal de Quiroga

Elea López e Carlos Rebolo, fundadores da compañía luguesa, Ítaca Teatro, son os protagonistas...

O BNG do Saviñao interésase pola instalación dunha planta de biogás en Sanxumil

En palabras do portavoz nacionalista, “Queremos saber se hai algunha solicitude de permisos, prospeccións...