HomesociedadeRematan as obras da Rúa da Peza na Pobra do Brollón

Rematan as obras da Rúa da Peza na Pobra do Brollón

Esta semana remataron as obras na céntrica Rúa da Peza da Pobra do Brollón. Trátase dunha zona moi transitada por albergar o Centro de Saúde así como pola proximidade á Casa do Concello.

Publicado o

- Advertisement -

Renováronse as beirarrúas e a zona asfaltada, creáronse máis espazos peonís e de esparexemento, incluída unha pequena praza con bancos e unha fonte na intersección da Rúa da Peza coa Rúa Central. Os espazos peonís enverdecéronse con árbores e lousa tipo céspede.

‘Levábamos tempo observando a necesidade de facer unha actuación nesta zona tan usada polos nosos veciños e veciñas,’ comenta o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. ‘Con estas obras tratamos de humanizar o espazo público e contribuír a facer do noso municipio un exemplo de calidade de vida.’

As obras foron desenvolvidas dentro da liña de subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Vivenda e Territorio para mellorar as infraestruturas nos concellos con menos de 50.000 habitantes. Do total do coste da obra, un 80% está subvencionado e o 20% restante é cuberto polo Concello.

Rúa da Peza / concello A Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...