HomesociedadeMonforte gánalle a sentencia a Aqualia polas obras do barrio do Hospital

Monforte gánalle a sentencia a Aqualia polas obras do barrio do Hospital

O Xulgado do Contencioso-Administrativo Nº 2 de Lugo dita sentencia favorable ao concello de Monforte en relación co recurso interposto pola empresa FCC Aqualia sobre o pago das obras de renovación da rede de abastecemento das rúas Corredoira, Irmáns da Pena, e José Garabantes.

Publicado o

- Advertisement -

No seu fallo, a través da sentenza número 47/2020 do 20 de marzo de 2020, sobre o Procedemento Ordinario 61/2919, o Xulgado desestima o recurso interposto pola empresa Aqualia contra o Concello de Monforte, polo que esta empresa deberá ingresar ó Concello a cantidade de 167.696,97 euros, aínda que a sentenza estipula que as partes poden interpoñer recurso ordinario de apelación.

O recurso contra o Concello fora interposto pola empresa Aqualia contra o Acordo do Pleno de Monforte, con data 28 de maio de 2018, notificado o 29 de novembro de 2018, polo que o Concello requiría en firme á empresa Aqualia a asunción do coste de renovación da rede de abastecemento das rúas Corredoira , Irmáns da Pena, e José Garabantes 

Antecedentes

Os traballos de renovación da rede de abastecemento destas iniciáronse en xaneiro de 2016, co obxectivo de solventar os problemas de subministro de auga no entorno do Hospital. No barrio do Hospital levaban varios anos con continuos avisos, que deixaban sen servizo ou con baixa presión de auga potable ós veciños.

Segundo informan desde o concello, cando empezou a gobernar o actual Alcalde, José Tomé Roca, decidiuse a renovación da rede de abastecemento de auga de todo o barrio do Hospital. Unha vez feitas as obras e amparado nos informes dos técnicos municipais, o Alcalde reclamoulle a Aqualia, en novembro de 2018, o custe das obras de renovación das conducións da auga destas rúas. O requerimento do 2018 foi o primeiro que se lle facía á empresa en case 18 anos de contrato.

O Alcalde tamén espera que remate favorablemente para o Concello a demanda de 3,7 millóns de euros en investimentos que se reclamaron recentemente a Aqualia.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...