Todas as actividades que conforman o programa cultural do verán no concello de Quiroga están pensadas para cumprir coas medidas de seguridade e hixiene estipuladas na normativa vixente.
A Área de xuventude retoman a convocatoria do Concurso de Fotografía Montañas do Courel. Tamén, igual que en anos anteriores, coa coordinación desta área e organizado pola Xunta de Galicia desenvolverase en Quiroga o Xeocampo de traballo. Este ano no Castro de Penadominga.
A Aula Cemit de Quiroga reanuda a súa actividade ofertando a súas instalacións aos universitarios para a realización de exames nos meses de xuño e xullo, segundo convenio asinado entre AMTEGA e as Universidades de Santiago, Vigo e Coruña e a FEGAMP.
Dende a Área de Igualdade, a través do CIM nos meses de xuño e xullo todos os luns e xoves está programado Ioga Libre. Tamén se desenvolverá unha xornada de Cata na Adega EDV2015 e xunto coa Área de Deportes organizan rutas de sendeirismo polo Val de Quiroga “Xuntos pero non Revoltos”.
A Área de Deportes pola súa banda ten prevista a apertura das Piscinas Municipais para o día 27 de xuño e dous Campus deportivos, de Fútbol e Voleibol, no mes de xullo.
O 17 de xullo terá lugar a presentación dos libros “O Val de Quiroga e Galiza na saudade do corazón” e Da Galiza ao Galeusca de Xosé Estévez.
Dende a Área de Cultura desenvolveránse numerosas actividades, dirixidas a público familiar, de distintos ámbitos artísticos:
- Cine na rúa os días 18 de xullo e 22 de agosto, na praza de España coa proxección de “Alita: Battle Angel” e a estrea da longametraxe galega María Solinha.
- Espectáculo infantil “Fantasía Musical” na Casa da Cultura
- Actos de Conmemoración do Día de Galicia
Nas festas de verán, os día 7, 8 e 9 de agosto, están previstas neste momento as seguintes actividades:
- Actuacións de grupos de música tradicional : Ardentía, Grupo de Gaitas o Recanto
- Actuacións de música popular: Charanga BB+, Banda de Música de Verín, etc.
- Espectáculo de Maxia “A Volta a Galicia” do Mago Antón
- Espectáculo de Animación de Rúa a cargo de Troula Animación
O día 10 de agosto, na feira mercado do mes, terá lugar a XXVIII Mostra do Mel coa posta á venda deste produto da comarca.
A Área de Educación ten programado para este verán a realización dos Campamentos de Verán para os meses de xullo e agosto a maiores do Concurso de Debuxo.
Pola súa parte o Centro Social programou para estes meses Bingos para os maiores