HomesociedadeContratación de 13 socorristas en 8 concellos do sur de Lugo

Contratación de 13 socorristas en 8 concellos do sur de Lugo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, facilitará con 324.000 euros a contratación de 100 socorristas que velarán pola seguridade nas praias e piscinas de 40 concellos da provincia de Lugo durante o verán.

Publicado o

- Advertisement -

Na zona sur beneficiaranse os concellos de Quiroga e Sober con dous traballadores concedidos e 6.000 euros en cada caso; Paradela con 6.398,04 e dous traballadores; O Saviñao con 6.257,32 e dous traballadores e Pantón con 6.029,92 e tamén dous traballadores. E terán un traballador Taboada, Láncara e Chantada con 3.252, 3.000 e 3.083,36 euros respectivamente.

A Xunta atendeu as solicitudes de todos os concellos que pediron financiamento para contratar socorristas a través deste programa, que se enmarca na liña de cooperación administrativa entre o Goberno galego e as administracións locais.

Con esta medida foméntase a contratación de persoas sen emprego co obxectivo de proporcionarlles experiencia e práctica profesional que contribúan a apoiar a súa inserción laboral, ao tempo que se reforzan servizos de interese xeral para os municipios.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...