Homesociedade15 días sen portátil de raios no hospital de Monforte e a...

15 días sen portátil de raios no hospital de Monforte e a privatización da electromedicina

A central sindical de CIG-SAÚDE no Hospital Público de Monforte denuncia que o centro leva máis de 15 días sen o portáil de Raios X, o que consideran moi grave ao ser unha proba imprescindible para o diagnóstico.

Publicado o

- Advertisement -

A CIG Saúde asegura que sen o portátil de raios non se poden facer as placas na zona COVID, “co cal teñen que traer aos pacientes desde urxencias a Raios X e pasealos por diante dos outros pacientes e se hai que facer algún portátil urxente por algunha parada cardíaca, non se poderá facer. Tampouco se poden facer telemetrías, que probablemente se teñan que mandar a Lugo.”

Segundo o sindicato estes problemas veñen derivados pola privatización de electromedicina, ao retirárselle os contratos de mantemento ás empresas que os tiñan, “agora estropeouse a procesadora de RX que é onde se revelan as placas e a empresa Iberman, nova concesionaria, non o amaña porque non sabe, co que habería que chamar á empresa oficial, que tampouco quere vir porque lle retiraron o contrato”, sinala o sindicato.

Para a CIG Saúde, as consecuencias desta privatización páganas os pacientes e propoñen mercar un portátil dixital canto antes, como teñen feito o hospital de Lugo ou o de Ourense e lamentan que en Monforte non se faga porque “parece ser que non hai cartos para poder mercalo.” Pide o sindicato que se compre xa o portátil e que se deixe de xogar coa vida dos pacientes.

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 3,2M€ na mellora da N-120 ao seu paso por Quiroga

Durante a visita, Olimpia López destacou que esta actuación forma parte do “esforzo inversor...

O programa Emega impulsou en Sarria 4 negocios liderados por mulleres

Coa convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente ao 2025, a Consellería de...

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...