HomesociedadeRafa Aguiar anuncia o seu fin en 'Radio Principal Cadena Ser' de...

Rafa Aguiar anuncia o seu fin en ‘Radio Principal Cadena Ser’ de Monforte

Foi este martes 16 de xuño sobre as 22.00 h. da noite e a través dun breve comunicado que publicou no seu perfil da rede social Facebook. As reaccións non se fixeron esperar enchéndose o seu muro de comentarios de apoio e ánimo.

Publicado o

- Advertisement -

En decembro de 2019 coñeciamos, grazas a unha entrevista de Xornal de Lemos, detalles da vida de Rafa Aguiar, un apaixonado da comunicación e da música que chegou a Monforte de Lemos hai 35 anos.

Dende aquela Rafa fixo radio local e entregouse á comunicación de proximidade gañándose a simpatía de moitos monfortinos e monfortinas. Levaba 25 anos traballando en Radio Principal Cadena Ser, emisora que contou con excelentes profesionais como a coñecida xornalista Manola Porto -en Onda Cero Monforte dende o 2015-, ata que no día de onte anunciaba o seu fin como traballador desta empresa.

Rafa Aguiar nos estudios de Radio Principal Cadena Ser / XdL

Rafa Aguiar fixo un breve comunicado no Facebook e as reaccións non se fixeron esperar. En menos de dúas horas tiña xa preto de 100 comentarios nos que monfortinas e monfortinos trasladábanlle o seu apoio. Moitos deles tamén se pronunciaron a favor da súa valía profesional e sinalaban que Radio Principal quedaba sen un dos seus referentes.

Contactamos con Aguiar pero díxonos que non era o momento para falar de detalles, que chegou o desenlace a unha relación profesional que xa non atravesaba polo seu mellor momento e que agora tocaba mirar para adiante.

ÚLTIMAS

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...

O prestixioso xornalista Andrew Neather visitará a D.O. Ribeira Sacra

Andrew Neather foi crítico de viños do Evening Standard de Londres entre 2005 e...

O PP de Quiroga esixe solucións ás deficiencias no servizo de telefonía móbil e conexión a internet

Dende o Partido Popular lembran que tralos devastadores incendios do pasado verán non só...