HomesociedadeContinúa a ralentización dos casos de coronavirus en Galicia

Continúa a ralentización dos casos de coronavirus en Galicia

Sanidade sinala que ata a data curáronse en Galicia 10.518 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o pasado 10 de xuño.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres, 19 de xuño, a provincia de Lugo conta con 17 casos activos de coronavirus, 1 menos ca onte, dos que 1 está en hospitalización no HULA e os 16 restantes, nos seus domicilios, 1 meno ca onte. 966 son os casos totais na provincia desde o comezo da pandemia.

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia descendeu en dous pacientes desde este xoves e baixa a 341, mentres que os pacientes curados aumentaron a 10.518, o que supón 12 máis.

Sanidade sinala que ata a data curáronse en Galicia 10.518 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o pasado 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas na Comunidade galega ascenden a 163.569 fronte ás 162.562 contabilizadas este xoves.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...