HomesociedadeQuiroga celebra o 10 de agosto a XXIX da Mostra do Mel

Quiroga celebra o 10 de agosto a XXIX da Mostra do Mel

O Concello de Quiroga prepara a XXIX edición da Mostra do Mel de Quiroga, que ao igual  que outros anos, terá lugar na feira de mercado máis grande do ano, a do 10 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

A Mostra do Mel de Quiroga, que este ano chega á súa XXIX edición, ten por obxecto a promoción dun dos produtos típicos nesta comarca. O mel de Quiroga goza dun gran prestixio  pola súa calidade, tendo distintivo de Mel Ecolóxico a maior parte do produto comercializado.  En canto á variedade, cóntase con meles multiflorais e uniflorais, debido a gran  variedade na flora deste territorio onde conflúen vexetación atlántica e mediterránea.

Proximamente o Concello de Quiroga publicará un bando co prazo de inscrición para  os apicultores que desexen participar nesta edición. Os postos situaranse no recinto habilitado na Rúa Real onde os apicultores participantes porán á venda mel e outros productos apícolas como polen ou propole.

A organización do evento instalará os postos coa distancia  recomendada entre eles atendendo  así as novas normas hixiénico sanitarias. Ao longo da xornada o recinto da feira estará animado  pola Charanga  BB+.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...