IniciosociedadeO proxecto "Mercedes" gaña o concurso de ideas da nova ponte para...

O proxecto “Mercedes” gaña o concurso de ideas da nova ponte para Monforte

O Salón de Plenos do Concello de Monforte acollía na mañá deste luns, 22 de xuño, reunión do Xurado do Concurso de Ideas para a Ponte Nova de Ferro que se ubicará no Malecón. O xurado valoraba as ofertas técnicas de 7 licitadores.

Publicado o

- Advertisement -

O Xurado falla o Concurso de Ideas da Ponte Nova de Ferro de Monforte a favor do proxecto denominado “Mercedes”. Tal e como establecen as bases os deseños propostos debían gardar semellanza coa antiga Ponte de Ferro que estaba situada no lugar que ocupa a actual ponte nova na Avenida de Galicia (unha ponte que caeu nos anos 50 do pasado século XX).

Os criterios de valoración do xurado foron os seguintes:

  • Calidade técnica da proposto no seu conxunto e a súa adecuación ó programa de necesidades: 40 puntos.
  • Criterios de calidade medioambiental e sostenibilidade: 40 puntos.
  • Grado de viabilidade técnica e económica: 20 puntos.

A orde de puntuación dos licitadores concorrentes quedou así:

  1. MERCEDES……………………………………………… 643 puntos
  2. CAMIÑOS DA PONTE NOVA………………………. 578 puntos
  3. ALBO100………………………………………………… 566 puntos
  4. MONFORTEFERRO…………………………………… 518 puntos
  5. LEMBRANZAS………………………………………….. 498 puntos
  6. XEITO……………………………………………………… 453 puntos
  7. UNHA BALCONADA ENRIBA DO RÍO CABE…. 449 puntos

O vindeiro xoves día 25 de xuño celebrarase unha nova reunión do Xurado, na que se dará a coñecer o nome do autor ou autora do proxecto gañador. Esta reunión terá lugar ás 18:00 horas no Salón de Plenos do Pazo Provincial de San Marcos, en Lugo, e nela procederase á apertura do sobre 1 no que consta a identidade e a solvencia da persoa concorrente.

Forman parte deste Xurado:

  • José Tomé Roca, Alcalde de Monforte.
  • Félix Nieto Mouronte, enxeñeiro da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña.
  • Aitor Baldomir García, Titular da área de Mecánica de Medios Continuos e Teoría de Estruturas da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña.
  • Juan José Vázquez Cerreda, en representación do Colexio de Camiños, Canles e Portos de Galicia.
  • Fernando Corbal Debén, en representación do Colexio de Camiños, Canles e Portos de Galicia.
  • José Antonio Mondelo Rodríguez, Xefe do Servizo de Expropiacións e Control de Proxectos da Deputación Provincial de Lugo.
  • Darío Ferreiro Otero, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Adxunto Xefe do Servizo de vías e obras da Deputación Provincial de Lugo.
  • José Antonio Mourelle Cillero, Secretario Xeral do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...