HomesociedadeMellora de recursos turísticos no rural do sur de Lugo

Mellora de recursos turísticos no rural do sur de Lugo

Acceden á contía máxima os proxectos dunha área de lecer na zona do albergue de Quiroga, e dun estacionamento nas proximidades da mina romana de ouro dos Medos na Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo concede axudas por importe de 279.500 euros a dez concellos das comarcas de Quiroga, Chantada e Terra de Lemos para o desenvolvemento de actuacións de recuperación, accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural.

No sur lucense obtiveron achegas todos os municipios que a solicitaron, e dous proxectos acceden á contía máxima: unha área de lecer na zona do albergue de Quiroga, e un estacionamento nas proximidades da mina romana de ouro dos Medos na Pobra de Brollón. Tamén se financiarán intervencións en Bóveda, Sober, O Saviñao, Ribas de Sil, Pantón, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos e Chantada.

Esta liña de subvencións, convocada en novembro, incrementa o orzamento e introduce unha nova fórmula administrativa cos concellos que a solicitaron, pola que pasarán a xestionarse a través de convenios para axilizar a tramitación. Con estas achegas búscase poñer en valor a riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística dos destinos rurais. O importe máximo da subvención que se aboa aos concellos é do 85 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 30.000 euros.

As achegas para a mellora de infraestruturas turísticas no rural buscan o embelecemento o recurso así como a mellora da contorna, principalmente en aspectos básicos como a accesibilidade e a sinalización.

Así, sufráganse accións como a recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional, iluminación ornamental, miradoiros paisaxísticos, estacionamentos, vías, ocultamento de colectores e cables, e eliminación de barreiras arquitectónicas, entre outras.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...