HomesociedadeGaltren, compromiso do BNG co ferrocarril de proximidade

Galtren, compromiso do BNG co ferrocarril de proximidade

"O GALTREN está chamado a ser o tren de referencia na Galiza nas conexións entre vilas e cidades, ao tratarse dunha dirección operativa única para o territorio galego superará a fragmentación entre as estruturas RENFE e FEVE”, explicou Olalla Rodil na viaxe a Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, xunto coa integrante da candidatura, Iria Castro, viaxaron en tren ata Monforte de Lemos, onde se atoparon coa candidata do BNG por Ourense, Noa Presas “para denunciar o desmantelamento e a situación actual do sistema ferroviario galego”, segundo indicou Olalla Rodil.

“A provincia de Lugo viu como nos últimos anos se perderon liñas e se pecharon estacións, ademais, en pleno 2020 seguimos tendo unha vía do século XIX, que aínda segue sen electrificar”, declarou Olalla Rodil.

A candidata do BNG comprometeu a creación do GALTREN, “un ente ferroviario público que apostará e impulsará o transporte de proximidade na Galiza”, a partir do 12 de xullo. “Precisamos comunicarnos, vertebrar o País e cohesionar o territorio galego”, dixo Olalla Rodil que valorou o tren como un elemento chave para unha mobilidade sustentable.”

Increméntanse os servizos Alvia entre Madrid e Galicia

Renfe pon a partir do próximo venres, 26 de xuño, 6 servizos Alvia, 3 por sentido, entre Galicia e Madrid. Esta oferta ampliarase gradualmente a medida que se vaian recuperando os índices de demanda. Ata esta data dous trens, un en cada sentido, daba servizo ás cidades galegas. No caso de Lugo facíase con ligazón en Ourense.

Desde o luns, 22 de xuño, tamén se recuperaron os trens Alvia entre Cataluña e Galicia, e viceversa, que en días alternos chegan A Coruña e a Vigo con dúas frecuencias, unha por cada sentido. No caso dos trens de Media Distancia e Avant, fóronse recuperando xa desde o pasado 15 de xuño paulatinamente varios servizos, volvéndose a incrementar este luns, e tamén desde o vindeiro venres 26 de xuño. Neste intervalo de tempo, incrementáronse un total de 22 trens. Os horarios poden consultarse en www.renfe.com que agora ofrece un novo deseño na estrutura da información e na presentación dos contidos da súa páxina.

ÚLTIMAS

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...