HomesociedadeAuditar o Porto Seco de Monforte e alternativas de Podemos O Saviñao...

Auditar o Porto Seco de Monforte e alternativas de Podemos O Saviñao para a súa reconversión

Pregúntanse desde Podemos O Saviñao se hai que seguir ou non co proxecto de 20 millóns para Monforte ou se hai que pensar en reconverter este Porto Seco para outro uso ferroviario. Á espera dunha auditoría que dea este tipo de información, plantexan dúas opcións para saír deste "estancamento."

Publicado o

- Advertisement -
Este ano cúmprense 20 anos, desde que o PP, con Manuel Fraga Iribarne como presidente da Xunta, e Nazario Pin como alcalde de Monforte de Lemos, comezou a falar do proxecto do Porto Seco de Monforte para compensar a desindustrialización da comarca e a perda de relevancia ferroviaria de Monforte a favor de Ourense.

Pola situación na que está, desde hai dúas décadas, a posta en marcha deste Porto Seco e o de Salvaterra das Neves, desde o Círculo Podemos O Saviñao consideran importante auditar os investimentos públicos empregados nestas instalacións, “facendo balance dos límites deste sistema e dos seus efectos nas economías locais”. É importante que estas institucións aborden esta problemática de maneira despolitizada, “e esclarezan para a opinión pública erros de planificación, ou unha posible mala xestión manifesta”.

Porto Seco / Podemos O Saviñao

Para dar utilidade a estas instalacións Podemos O Saviñao propón, por unha banda a construción dun gran taller de mantemento e reparación Integria para Galicia, e todo o Noroeste, “Isto supón que tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio de Fomento acórdense politicamente de compensar a Monforte, pola perda de protagonismo ferroviario como nó en detrimento de Ourense.” Lembran que o Porto Seco de Monforte ten espazo para albergar amplas naves ou instalacións industriais que xeren emprego que atraian  empresas auxiliares ou subcontratas.

“Ademais, este tipo de grandes instalacións, que se atopan normalmente en Madrid Fuencarral, Valladolid, ou Málaga, faltan na zona do noroeste. E a multiplicación preocupante de incidencias ferroviarias na provincia fai necesaria ter unha base de mantemento próxima para revisar e arranxar rapidamente locomotoras, unidades rexionais ou trens convencionais.” Consideran que esta instalación tería que estar ligada ao desenvolvemento de tráfico de trens rexionais de viaxeiros e/ou de mercadorías para asegurar cargas de traballo no tempo.

Muferga / Podemos O Saviñao

A outra opción que plantexan é a ampliación do espazo do MUFERGA (Museo do Ferrocarril de Galicia), “este tipo de Museo ten que renovarse constantemente. Moitos afeccionados do ferrocarril lamentan ver locomotoras antigas ou coches de viaxeiros terminar no despezamento; cando todo este material podía ser recuperado mediante restauración para exposición e viaxes turísticos.” Consideran desde o Círculo Podemos O Saviñao que “o goberno municipal de Monforte debería explorar esta alternativa coa Xunta, para completar esta demanda turística emerxente”.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...