HomesociedadeO parque infantil da Compañía en Monforte mellorarase con 170.000 euros

O parque infantil da Compañía en Monforte mellorarase con 170.000 euros

A Deputación de Lugo e o Concello de Monforte veñen de asinar un convenio para a mellora e ampliación do parque infantil da Compañía ao que se adicarán 170.000€, correspondendo á Deputación o 37,5%, e ó Concello de Monforte, o 62,5% restante, isto é, 106.366,37 euros.

Publicado o

- Advertisement -

Desde a Deputación Provincial sinalan que este convenio demostra a vontade de cooperación cos concellos para axudarlles a sacar adiante servizos e infraestruturas públicas que contribúan ao benestar da cidadanía e á dinamización económica.

Pola súa banda o Concello de Monforte cumpre co compromiso de mellorar as áreas infantís da cidade para que os nenos e nenas poidan xogar nas mellores condicións posibles, o que favorece a súa calidade de vida e o seu bo desenvolvemento.

Tamén en colaboración coa Deputación de Lugo, o Concello monfortino ten iniciado as obras doutro parque de nova creación, entre os barrios de Cobas e A Pinguela, situado detrás do edificio dos Escolapios, á beira do Río Cabe, un novo espazo público de lecer que vai mellorar esta zona da cidade.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...