HomesociedadePide o teu Ribeira Sacra, espazo de venda online dos viños da...

Pide o teu Ribeira Sacra, espazo de venda online dos viños da D.O.

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra segue ofrecendo medios ás adegas que forman parte da D.O. Ribeira Sacra para que poidan seguir vendendo os seus viños. No mes de abril poñía en marcha a través da súa web a iniciativa “Se queres un Ribeira Sacra, pídeo” e esta semana lanza “Pide o teu Ribeira Sacra”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

web da D.O. Ribeira Sacra inclúe agora na marxe dereita da páxina de inicio un acceso para facilitar as compras dos viños das adegas que se van inscribindo na iniciativa. De case o cento de adegas que integran a D.O. Ribeira Sacra, moitas contan nas súas páxinas web coa opción de tenda online, con esta nova opción preténdese dar a oportunidade da venda online tamén a adegas que non dispoñen deste servizo de maneira particular, á vez que se crea un escaparate no que se poden centralizar todas as adegas e as súas marcas. 

Nesta nova tenda online na que se centralizan os viños da D.O. pódense adquirir viños das diferentes subzonas, Amandi, Chantada, Quiroga Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil. Se na primeira campaña sumáronse á proposta máis dunha vintena de adegas, nesta ocasión comézase cunha decena delas, pero cada día espérase que se incorporen novas propostas. Neste comezo de campaña as adegas poñen á venda tintos e brancos, crianzas e viños de barrica. 

A estas propostas online a D.O. Ribeira Sacra foi incorporando outras medidas destinadas a promocionar os seus viños e o territorio, a última, o pasado 25 de xuño, ao ser un dos patrocinadores do especial Julia en la onda adicado á Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...