Homesociedade“Arrinca o tren” da volta á normalidade do turismo na Ribeira Sacra

“Arrinca o tren” da volta á normalidade do turismo na Ribeira Sacra

O ‘Centro do Viño da Ribeira Sacra’ abriu as súas portas en Monforte o pasado 27 de xuño e o ‘Tren Turístico da Ribeira Sacra’ preséntase este sábado 4 de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hai uns días, concretamente o 27 de xuño, reabríronse con todas as medidas de prevención sanitarias as portas do Centro do Viño e da Oficina Municipal de Turismo de Monforte de Lemos. O horario de verán será de 10:00 a 14:00 h. pola mañá e de 17:00 a 21:00 h. pola tarde. Para aqueles que queiran facer visitas guiadas ao Centro de Interpretación Ribeira Sacra -Museo do Viño- estas poderán facerse ás 11:30, 12:30, 17:30 e 19:00 h.

E para o sábado 4 de xullo está prevista a presentación do novo Tren Turístico da Ribeira Sacra, vehículo que xa forma parte dende hai anos da oferta turística deste territorio en Doade. O novo vehículo presentarase oficialmente nas Bodegas Regina Viarum -Doade- ás 18:15 h. e ao acto asistirán, entre outras autoridades, o Alcalde de Sober, Luis Guitián, e o Conselleiro de Traballo e Industria, Francisco Conde. Ao remate do acto a organización convidará a un viño.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno celebra 10 anos da súa oficialidade, a recompensa a décadas de traballo

A celebración tivo lugar neste último domingo de setembro coa participación dos integrantes das...

30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

A Xunta destina 30.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste...

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...

Tomé insiste en que a nova ponte se fará a pesar das posturas en contra

A oposición presentou no pleno deste luns varias iniciativas para paralizar o proxecto da...