HomesociedadeMatriculación na Escola de Música Municipal de Sarria

Matriculación na Escola de Música Municipal de Sarria

Aberto o prazo para inscribirse dende o 6 de xullo. Aquí toda a información para facelo e para acceder á documentación necesaria para os trámites.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria vén de publicar as Bases que rexerán o proceso de matriculación na Escola Municipal de Música para o curso 2020/2021.

As solicitudes das persoas interesadas presentaranse de forma presencial nas instalacións da Escola de Música de Sarria, sita na rúa Pedro Saco en horario de 10:00 a 14:00 horas e nos prazos seguintes:

1.-Alumnos da Escola con reserva de praza (matrícula de continuidade): do 6 ao 13 de xullo, ambos inclusive.

2.-Alumnos matriculados durante todo o curso anterior á presente convocatoria en música e movemento que solicitan instrumento por primeira vez (matrícula preferente): do 14 ao 20 de xullo, ambos inclusive. Será requisito imprescindible que o ano de nacemento do alumno sexa 2014 ou anterior.

3.-Alumnos de novo ingreso (nova matrícula): do 21 de ao 27 de xullo, ambos inclusive.

Toda a información e acceso á documentación necesaria na páxina web do Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...