Homesociedade119 casos activos na Mariña no primeiro día de peche

119 casos activos na Mariña no primeiro día de peche

Segundo o reconto das probas realizadas nesta mesma mañá confírmanse 22 casos máis e déronse 9 altas o que fai un total de 119 infectados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Mariña conta no seu primeiro día de peche, segundo datos da Consellería de Sanidade, con 119 casos activos de Covid19. Segundo o reconto das probas realizadas nesta mesma mañá confírmanse 22 casos máis e déronse 9 altas o que fai un total de 119 infectados.

Segundo expuxo o xerente da área sanitaria de LugoCervo e MonforteRamón Ares, os “22 casos novos” detectados teñen todos “relación directa” co brote, polo que o Sergas seguirá “coa estratexia” da “busca activa de casos e de análise dos contactos, o máis precozmente posible, para cortar a cadea de transmisión”.

Evasión de responsabilidades da Xunta

A normativa que regula o peche da Mariña, decisión tomada pola Xunta de Galicia tras aumentar o número de positivos de coronavirus na bisbarra ata alcanzar os 99 casos, establece que “a vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas de prevención que se recollen nesta orde, e a garantía dos dereitos e deberes sanitarios, corresponderán aos Concellos”. O Executivo autonómico responsabiliza así do cumprimento da normativa aos gobernos locais, que acusaron ao Goberno galego de “evasión de responsabilidades”. Toda a información no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...