HomesociedadeDenuncia da Xunta de Persoal do Hospital por deficiencias no PAC

Denuncia da Xunta de Persoal do Hospital por deficiencias no PAC

A Xunta de Persoal do Hospital de Monforte denuncia que as medidas organizativas para facer fronte á Covid19 provocan graves deficiencias no funcionamento do PAC.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Persoal do Hospital de Monforte denuncia que estas deficiencias afectan á atención de pacientes e ao desenvolvemento das labouras dos traballadores do servizo. Entre as deficiencias denunciadas están as seguintes:

  • O aforo limitado na sala de espera ó diminuír a súa capacidade debido a división da sala de espera orixinal en dúas. Segundo a Xunta de Persoal, sería necesario unha sala de espera de moita maior capacidade xa que os pacientes  vense na obriga a esperar  de pé na zona de admisión de urxencias ou na rúa.
  • Os recoñecementos médicos destinados á atención de pacientes Covid-19 non dispoñen de aseos e cando é necesario realizar un ingreso en planta dun paciente infectado por Covid-19, a cama que se utiliza para tal efecto non colle polo oco da porta do recoñecemento.
  • Non se atenden por parte da Xerencia as demandas feitas polos traballadores á hora de pedir que se lles dea por escrito os protocolo de actuación.
  • Escaseza  de guantes  e mascarillas.
  • O almacén de material do Pac atópase ubicado na zona Covid-19
  • Na admisión de urxencias aglutínanse dous servizos, o de  urxencias e o de  Pac, provocando que compartan espazo os  traballadores dos dous servizos e que haxa aglomeración de pacientes na zona de admisión.
  • Non hai persoal sanitario para facer as triaxes de pacientes que acuden ó PAC , esta función recae no persoal de xestión non sendo función súa.
  • Non se dispón de portatil para facer as radiografías de pacientes Covid-19 no recoñecemento, polo que é necesario trasladar o paciente infectado ó servizo de radioloxía.

Dende a Xunta de persoal solicitan á Xerencia que se acondicione o servizo do Pac, xa que consideran que non reune as condicións necesarias tanto para unha digna atención dos pacientes como para un digno desenvolvemento nas tarefas dos traballadores do Pac. Se o acondicionamento non fose posible piden que se cambie de ubicación o Pac. Piden tamén que se cubran tanto as prazas vacantes do servizo de  Cardioloxía, Dixestivo e Neuroloxía.

ÚLTIMAS

Alumnado de FP do IES A Pinguela visita a feira de emprendemento The Busines Startup Show

Alumnado dos ciclos formativos de Asistencia á Dirección, de Administración  e Finanzas, e de...

Pasado e futuro da Ribeira Sacra a debate

O encontro será un acto aberto a preguntas, comentarios e outras fórmulas de participación....

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...