HomesociedadeMáis da metade dos positivos de Galicia en Covid19 están na provincia

Máis da metade dos positivos de Galicia en Covid19 están na provincia

256 casos activos de Covid19 en Galicia, dos que 151 están na provincia de Lugo. Na Mariña ralentízase o aumento de casos, con 3 novos casos este martes, pero aumenta o número de hospitalizados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, 7 de xullo, a provincia de Lugo conta con 151 casos activos de coronavirus, 8 máis ca onte. Mentres na Mariña documéntanse 121 casos activos ao confirmarse 3 novos positivos e terse dado 10 altas. No Hospital da Mariña seguen aumentando as persoas infectadas hospitalizadas e xa son 5 que máis un hospitalizado no HULA fan as 6 persoas hospitalizadas na provincia por Covid19.

Segundo expuxo este martes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tres municipios da Mariña –BurelaFoz e Xove-, dos catorce que compoñen a comarca, concentran 108 dos 121 casos activos polo brote de Covid-19. Noutros seis concellos, que non mencionou, “hai 13 casos en total e nos cinco restantes non hai ningún”. Feijóo cifrou o número de persoas en seguimento en 942, con 279 que “xa concluíron este período”.

O número de casos activos en Galicia aumentou en 2 ata os 256 positivos, 60 corresponden á área de Vigo –uno menos con respecto a este luns–; 24 á da Coruña e Cee –seis menos–; 13 á de Santiago e Barbanza –igual–; tres á de Ourense –sen cambios–; 151 á de Lugo –oito máis–; dous á de Ferrol –igual– e tres á de Pontevedra –un máis–.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...