IniciosociedadeA todo bar! no concello da Pobra do Brollón

A todo bar! no concello da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón lanza ‘A todo bar!’, unha iniciativa que consiste en sorteos de produtos locais para fomentar o consumo este verán nos bares e restaurantes do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xa se repartiron tarxetas para o sorteo nos oito locais abertos actualmente: na capitalidade da Pobra do Brollón, están O Pirata, Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e o Chiringuito; a Cantina de Julia e A Salanova en Salcedo, e O Fogón en Cereixa.

O funcionamento é sinxelo. Por cada consumición de bebida máis tapa, o bar sela a tarxeta do consumidor. Unha vez obtido un selo por cada un dos oito bares, a tarxeta pode entregarse para participar no sorteo. Con esas tarxetas, o Concello realizará cada dúas semanas un sorteo de produtos locais. Os sorteos realizaranse en luns durante todo o verán.

“É evidente que a hostalería foi un dos sectores máis danados pola crise sanitaria. Esta iniciativa é un xeito de apoiar os hostaleiros do noso concello e de premiar aos veciños e visitantes por apostar polo consumo local’ comenta o alcalde, Xosé Lois Maceda.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...