Homesociedade200 dos 262 casos de coronavirus en Galicia están na provincia mentres...

200 dos 262 casos de coronavirus en Galicia están na provincia mentres se dá por controlado o foco da Mariña

262 casos positivos de Covid19 en Galicia, 200 na área de Lugo, dos que 184 corresponden á Mariña. O xerente desta área sanitaria dá por controlado este foco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

262 casos positivos de coronavirus en Galicia, 9 máis ca onte; dos que 200 corresponden á área de Lugo –un máis que este domingo–; 24 á da Coruña e Cee –cinco máis–; 16 á de Santiago e Barbanza –dúas máis–; 11 á de Vigo –sen cambios–; catro á de Ourense –sen cambios–; un á de Ferrol –igual– e seis á de Pontevedra –un máis–.

Dos 200 casos da provincia, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 184 casos activos no foco da Mariña, segundo o reconto oficial ofrecido este luns. É un positivo menos ca onte, déronse un novo positivo e dúas altas. Dúas persoas permanecen ingresadas, ambas en planta, no Hospital da Mariña; na residencia de Burela detéctase un caso entre o persoal.

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de LemosRamón Ares, asegurou este luns que o brote da Mariña está “controlado”. En declaracións aos medios, Ares sinalou que a evolución nos últimos días foi “boa“, aínda que fixo un chamamento a non “baixar a garda” e a manter as medidas de prevención para evitar novos contaxios.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...