HomesociedadeComeza o programa de visitas guiadas da Pobra do Brollón

Comeza o programa de visitas guiadas da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón presenta a súa oferta de visitas guiadas gratuítas para este verán. As persoas interesadas poderán combinar as visitas, deseñando o seu propio percorrido polo municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As visitas ofrécense dende o 18 de xullo ao 16 de agosto, tódolos días excepto luns. “Queremos continuar na liña de anos anteriores cunha oferta turística de calidade e as garantías de seguridade que marcan os tempos,” declara o alcalde, Xosé Lois Maceda.

Polas mañás, entre semana, pódese visitar as dúas escavacións arqueolóxicas que estarán en marcha este verán na Pobra do Brollón: Os Conventos, en Vilachá de Salvadur, e o Castro de San Lourenzo en Cereixa.

escavación dos Conventos poderase visitar en xullo para seguir os avances dos arqueólogos no xacemento medieval, nun enclave espectacular en plena Ribeira Sacra. Pódese combinar esta visita coa experiencia Adegas da Memoria, un percorrido polo conxunto de adegas tradicionais de Vilachá de Salvadur que inclúe explicacións históricas e unha cata de viños locais (a cata ten un coste de 3€).

En agosto, comezarán as visitas á escavación no Castro de San Lourenzo, un castro mineiro romano reocupado no medievo. Este verán os arqueólogos seguirán a desenterrar a necrópole medieval situada no castro.

Nas fins de semana ofrecerase a visita á Cova das Choias, na parroquia de Óutara, que alberga musgo luminescente, colonias de morcegos, e tamén seres míticos.

As visitas ás escavacións dos Conventos e o Castro de San Lourenzo son sempre ás 10:00. O resto de visitas son baixo demanda. Todas son con previa reserva. Ofreceranse para grupos de mínimo 5 e máximo 15 persoas, excepto a da Cova das Choias que é para un máximo de 10 persoas. O uso de máscara durante a visita é obrigatorio. Para máis información ou para reservar hai que contactar no 650 624 828 (chamada ou WhatsApp).

ÚLTIMAS

3º premio do II Concurso Literario ‘As Feiras Tradicionais Galegas’ para unha rapaza do Courel

O CPI Poeta Uxío Novoneyra, de Folgoso do Courel, vén de ser noticia novamente...

Ángela Álvarez do IES A Pinguela gana a fase provincial do concurso literario Carta a un Militar Español

A 13º edición deste concurso ten por lema "PLUS ULTRA. La audacia que cruza...

Catro empresas do sur de Lugo galardoadas nos ‘Premios Galicia Alimentación 2026’

A duodécima edición dos Premios Galicia Alimentación, organizados por el Clúster Alimentario de Galicia...

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...