HomesociedadeSeguen baixando os casos de coronavirus na Mariña que conta con 119.

Seguen baixando os casos de coronavirus na Mariña que conta con 119.

218 casos activos de Covid19 en Galicia dos que 148 corresponden á área de Lugo. Destes casos, 119 ubícanse na Mariña onde este sábado se producían 20 altas e 1 novo positivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou este sábado dun novo caso positivo e 20 altas relacionadas co brote da Mariña, polo que o número de casos activos baixa a 119. Catro persoas con Covid19 permanecen ingresadas no Hospital de Burela, unha menos ca onte.

A día de onte, como informaba o Xornal da Mariña, incorporando os 15 casos non comunicados aos medios de comunicación polo Sergas pero si recollidos no auto xudicial que ratificou as medidas de peche da comarca adoptadas o pasado 10 de xullo, documentábanse 239 persoas afectadas polo brote, 144 activos e 95 coa alta epidemiolóxica.

Os casos activos por coronavirus en Galicia sitúanse en 218 segundo a información de Sanidade, dos que 148 corresponden á área de Lugo –12 menos que no parte do venres–; 31 á da Coruña e Cee –catro máis–; sete á de Santiago e Barbanza –sen cambios–; 17 á de Vigo –tamén sen cambios–; cinco á de Ourense –sobe nun–; un á de Ferrol –igual– e nove á de Pontevedra –sobe nun–.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...