HomesociedadeNova inspectora xefa da Comisaría monfortina, primeira muller oficialmente neste cargo na...

Nova inspectora xefa da Comisaría monfortina, primeira muller oficialmente neste cargo na provincia

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, deulle a benvida á nova inspectora xefa da Comisaría de Monforte de Lemos, Mónica Gutiérrez González, e pediulle o máximo compromiso na protección da cidadanía en tempos nos que as forzas de seguridade demostran cada día a súa vocación de servizo á sociedade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Rodríguez felicitouse pola chegada á Comisaría local de Monforte de Lemos da nova inspectora xefa e expresou a súa satisfacción porque “sen dúbida, os veciños da cidade do Cabe vanse beneficiar dos coñecementos e da extraordinaria bagaxe profesional da nova inspectora xefa”, á que desexou os maiores éxitos a fronte da Comisaría monfortina. 

A subdelegada tamén salientou que Mónica Gutiérrez convértese na primeira muller que asume oficialmente o mando dunha Comisaría da Policía Nacional na provincia de Lugo. Rodríguez lembrou que con anterioridade xa se fixera cargo da dirección da Comisaría de Monforte, de xeito interino, outra muller, a inspectora Amparo Belmonte, agora destinada en Santiago de Compostela, que fixo un gran labor durante os meses que desempeñou a responsabilidade.

IMPORTANTE TRAXECTORA PROFESIONAL

A nova inspectora xefe de Monforte é natural de Santander. Ingresou no Corpo Nacional de Policía no ano 2002. É licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía e ascendeu a inspectora xefa en 2018.

Antes de asumir a xefatura da Comisaría de Monforte de Lemos estaba destinada, desde 2015, na División de Formación e Perfeccionamento do Centro de Altos Estudios Policiais. Ademais, durante sete anos, traballou na Oficina Central de INTERPOL, na sección de Cooperación Xurídica Internacional. 

Con anterioridade, formou parte da Brigada de Investigación Tecnolóxica da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, na Comisaría Xeral de Policía Xudicial, e previamente estivera destinada na Xefatura Superior de Policía de Cataluña.

No seu historial profesional figura a participación en importantes servizos sobre a desarticulación de grupos criminais de carácter internacional dedicados ás falsificacións de tarxetas, tráfico ilícito de vehículos, roubos, etc polo que ten recibido 49 felicitacións públicas e 2 Cruces ao Mérito Policial con distintivo branco. Ademais, recibiu o agradecemento da INTERPOL durante a operación Infra-Américas 2013 e prestou servizos no Proxecto Ameripol no mesmo ano.

Tamén é autora de artigos sobre o Código Ético da Policía Nacional e Pensamento estratéxico na Policía Nacional, publicados nas revistas “Policía” e “Ciencia Policial”, respectivamente. 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...