HomesociedadeNovo vehículo para o parque de bombeiros de Monforte

Novo vehículo para o parque de bombeiros de Monforte

O parque monfortino era o único da rede do Consorcio provincial que carecía desta furgoneta, valorada en 30.000€, e que facilita o transporte dos bombeiros e do material nas xestións diarias e intervencións en catástrofes e loita contra incendios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación explicou que este vehículo de emerxencias de dimensións más reducidas aportará mais axilidade para atender emerxencias en lugares de difícil acceso onde non poden chegar os camións grandes do parque.

A nova furgoneta de emerxencias permitirá ademais portar o segundo equipo de excarceración multifunción co que conta o parque de bombeiros de Monforte e que non pode levarse nos outros vehículos, que son un vehículo de bomba urbana lixeira (BUL), un camión nodriza e un camión de altura de autobrazo articulado.

Para garantir a prestación do servizo ante emerxencias e incendios no sur de provincia este novo vehículo de mando permitirá suplir a vehículos avariados do parque monfortino e, pola proximidade xeográfica cos outros dous parques de bombeiros da zona sur, tamén estará a disposición dos de Chantada e Sarria en caso de necesidade. 

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...