HomesociedadeSober xa ten logo, deseño de Esteban Carbajo

Sober xa ten logo, deseño de Esteban Carbajo

O Concello de Sober vén de presentar a que será a súa imaxe gráfica tras resolverse o concurso correspondente. Ademais, súmase tamén ao programa 'Xantar na Casa', servizo de reparto de comida a domicilio para maiores dependentes ou en risco de exclusión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado do concurso de deseño dun logotipo que identifique e promocione ao Concello de Sober vén de reunirse para decidir por unanimidade que a persoa gañadora fora Esteban Carbajo Gómez, residente en Nigrán, Pontevedra. O gañador recibirá 500 euros como premio.

O xurado valorou que o logotipo recolla a esencia do municipio, tal e como fixaban as bases, tendo en conta os seus sinais de identidade: os seus recursos naturais e turísticos, as peculiaridades dos seus sectores produtivos e os seus valores culturais. Tamén se pedía que o deseño incluíra a palabra Sober.

A proposta foi elixida de entre máis de cen enviadas por 82 participantes (cada participante podía enviar o número de orixinais que considerara). En concreto, chegaron propostas de todas as provincias galegas, así como do resto do Estado; Madrid, Barcelona, Murcia, As Palmas, Asturias, Zaragoza… Tamén houbo concursantes de fóra de España, de Irlanda ou México.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, valora “o interese” que espertou o concurso e alta participación, así como o alto nivel dos orixinais que enviaron os concursantes. O logo será usado polo Concello como complementario ou substituto do escudo municipal.

xantar na casa / concello de Sober

Xantar na casa

O programa xantar na casa de reparto de comida a domicilio busca facilitar e garantir unha alimentación de calidade adaptada ás necesidades de persoas maiores dependentes ou en risco de exclusión para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa alimentación.

A Xunta asume o 50% dos gasto, a través da Consellería de Política Social, o 25% o Concello e o outro 25% a persoa que se incorpora ao servizo. “É un dos compromisos que figuraban no programa electoral que vén de ser cumprido”, precisa o alcalde.

Empezou atentendendo aos 3 primeiros usuarios/as e está prevista a incorporación de novos domicilios nos próximos días.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...