IniciosociedadeSinerxias e estratexias empresariais fronte a crise no networking Ribeira Sacra

Sinerxias e estratexias empresariais fronte a crise no networking Ribeira Sacra

Francisco Conde destaca no nerworking Ribeira Sacra que o traballo conxunto e a coordinación entre o tecido produtivo e as administracións permitirán que Galicia siga sendo unha terra de oportunidades. Puxo en valor a Ribeira Sacra incidindo nos sectores turístico e vitivinícola para abrir novas oportunidades e indicou a importancia de impulsar a dixitalización, a internacionalización e a confianza dos consumidores

Publicado o

- Advertisement -

Este martes, 28 de xullo, celebrouse en Monforte o nertworking organizado por AJE Lugo e AJE Ourense que tiña por obxectivo atopar novas sinerxias e estratexias empresariais para facer fronte á crise orixinada pola Covid19. O presidente de AJE Galicia, D. Luciano Covelo, empezou a súa intervención comentando que é unha época difícil para todos e que “o motivo de facer este tipo de eventos é bo para ampliar a nosa rede de negocios e contactos. Debemos vender mais alá dos nosos mercados locais.”

Tanto a presidenta de AJE Lugo, Dna. Noelia López, como o presidente de AJE Ourense, D. Lois Pereiro, coincidiron en que AJE non é unha Asociación, senón unha actitude e que este tipo de actividades buscaban relacionar ás empresas, coñecerse e colaborar.

Plan Reactiva Monforte

O Concello de Monforte de Lemos estivo representado pola Tenente Alcalde, Dna. Gloria Prada, que comentaba que se estaba vivindo unha situación nova na que se poden atopar novas oportunidades. E incidía en como reaccionou o concello de Monforte ante a crise, “o Equipo de Goberno encabezado por José Tomé Roca non deu as costas ao sector empresarial e puxo en marcha iniciativas de carácter sanitario, a través do reparto de 12.000 máscaras para todos os comercios e locais de hostalería da cidade. Entregouse material de protección e desinfección para todas as empresas que así o demandaron e repartírone máis de 150.000 máscaras sanitarias entre a veciñanza.”

Fixo mención tamén ao Plan Reactiva Monforte, “polo que o concello inxectou 1,4 millóns de euros en axudas directas a todos os sectores económicos e produtivos da cidade, para aportarlles liquidez e que puidesen afrontar gastos e manter postos de traballo”. O Plan Reactiva Monforte contou con máis de 1.200 solicitudes, beneficiado ás pequenas empresas, ós autónomos e ós traballadores por conta allea de Monforte.

Gloria Prada rematou a súa intervención animando ós emprendedores asistentes ó Networking a seguir apostando polos seus negocios e iniciativas empresarias, máis necesarios ca nunca nestes tempos de crise, “nos que debemos avanzar unidos, tanto cidadáns, como administracións e empresas, pois solo así poderemos saír adiante.”

Francisco Conde networking Ribeira Sacra / AJE Lugo

Dixitalización, internacionalización e formación do tecido produtivo

O Conselleiro de Economía e Industria, D. Francisco Conde, na súa intervención, felicitou aos organizadores pola gran demostración de visión compartida e recalcou que estas iniciativas serven para axudar a promover a actividade empresarial. Conde sinalou que as tres bases para acadar a recuperación económica son a dixitalización, a internacionalización e a formación do tecido produtivo, así como o traballo conxunto e a coordinación entre as empresas e as administracións para fixar as mellores e máis seguras condicións posibles para o emprendemento e o desenvolvemento empresarial. Así mesmo, indicou a importancia de impulsar un comercio seguro, onde será determinante a xeración de confianza nos consumidores.  

O conselleiro subliñou a necesidade de identificar novas oportunidades ante o novo contexto socio económico apuntando que a Ribeira Sacara está chamada a ter un protagonismo na identificación de novas iniciativas, en especial nos sectores turístico e vitivinícola. 

Para axudar ao tecido empresarial, a Xunta ten en marcha o Plan de reactivación económica, que reserva 127 millóns de euros para que autónomos, pemes e comerciantes recuperen canto antes a normalidade. Conde fixo referencia a tres programas concretos: Reactiva comercio, turismo e servizos, que está dotado con 16 millóns para apoiar a adaptación dos establecementos á era poscovid-19; o Cheque Autónomo, con 16 millóns de orzamento, permite facer fronte aos gastos do día a día deste colectivo; e unha liña de microcréditos con 50 millóns para dar apoio á liquidez das empresas. 

Na provincia de Lugo xa se aprobaron 115 axudas ao comercio (en Monforte recibiron este apoio cinco establecementos) que mobilizarán preto dun millón de euros. Ademais, 49 empresas recibiron axudas para beneficiar a preto de 400 persoas.  O conselleiro destacou a aposta clara da Xunta pola dixitalización destinando a este eido 16 millóns para impulsar o uso de ferramentas innovadoras, contribuíndo á proxección internacional, fortalecendo o modelo de Industria 4.0 e favorecendo a práctica do teletraballo. 

Este Networking Ribeira Sacra finalizou coa realización dun coaching ofrecido por Candy Rodríguez (Leira O Carmen) para desenvolver dinámicas de grupo entre os asistentes. Os organizadores agradecen a participación a todos os asistentes e a boa acollida que tivo este evento e esperan poder facer outro cando pase esta situación.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...