HomesociedadeProgramas de inclusión social en Monforte

Programas de inclusión social en Monforte

O Concello de Monforte, a través dos departamentos de Servizos Sociais e Igualdade, traballa no desenvolvemento de programas destinados a diversos colectivos co obxectivo de acadar a inclusión social.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o pasado mes de decembro de 2019 puxéronse en marcha dous programas, ”Inclusion social da poboación xitana” e “Autoeducarse para educar”, sobre os que se segue a traballar unha vez superado o estado de alarma por mor do Covid-19.

Programa ‘inclusión social do colectivo xitano

Dende os Servizos sociais comunitarios básicos municipais, púxose en marcha en decembro de 2019 un programa orientado á inclusión social da poboación xitana veciña do Concello de Monforte. Esta actuación inclúe accións de apoio á inclusión residencial, mediación social e intercultural, prestación de reforzo socioeducativo das persoas menores de etnia xitana en idade escolar obrigatoria así como apoio á inclusión básica a través do fortalecemento de capacidades persoais e sociais e formación dixital e en competencias clave.

O programa  enmarcase dentro do Programa de inclusión social de colectivos con dificultades de integración social e está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado Fondo social europeo Galicia 2014-2020 para o período comprendido entre decembro de 2019 e xuño de 2021.

O concello informa que todos os interesados e as interesadas poden dirixirse ós Servizos Sociais municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico social, no Paseo do Malecón s/n ou no teléfono 982 41 65 41.

Programa ‘Autoeducarse para educar

Dende os servizos sociais comunitarios básicos municipais púxose en marcha en decembro de 2019 un programa dirixido a familias veciñas do Concello de Monforte de Lemos que desenvolve actuacións de carácter  socioeducativo. Os seus obxectivos son os seguintes:

-Promover procesos de cambio que favorezan un axeitado exercicio das responsabilidades familiares

-Propiciar a mellora da autonomía e inclusión social das familias usuarias.

-Promover espazos de encontro de nais e pais enfocados á mellora das capacidades parentais  e  educativas a través de metodoloxía de autoeducación para educar, parentalidade positiva e crianza respetuosa.

-Prevención e atención das situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social.

Ao igual que o programa devandito, pódense beneficiar aqueles colectivos que teñan dificultades de integración social e está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado Fondo social europeo Galicia 2014-2020.

Os Servizos Sociais municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico social, no Paseo do Malecón s/n facilitan información detallada para os/as interesados/as.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...