HomesociedadeVolve o coronavirus ás residencias de maiores cun caso en Paradela

Volve o coronavirus ás residencias de maiores cun caso en Paradela

Galicia ten un total de 308 casos activos este sábado, fronte aos 280 do venres, o que supón que Galicia suma nove días de subidas neste indicador. A área sanitaria na que se volve a producir un maior aumento é a da Coruña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 1 de agosto, a provincia conta con 74 casos activos de coronavirus, dos que 39 se sitúan na Mariña, onde a mediados do pasado mes de xullo chegou a haber 180 casos activos.

Outro foco importante está no Saviñao e Paradela con 15 casos. Precisamente volven a darse casos de coronavirus nas residencias de maiores da zona sur da provincia cun novo caso na residencia de Paradela, a persoa infectada é un traballador.

Dos casos activos na provincia, 71 están en domicilio e 3 en hospitalización, 1 no HULA e 2 no Hospital Público da Mariña. O histórico ata o día de hoxe na provincia é dun total de 1.183 casos contando as altas e curados; con 28 falecementos.

Mentres, os casos activos en Galicia incrementáronse en 28 este sábado e volve superar os 300, máis dun terzo dos cales corresponden á área sanitaria da Coruña, onde o foco relacionado co porteiro dun local de ocio nocturno que acudía a un ximnasio en Arteixo acumulaba o venres 25 contaxios, de acordo cos datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...