Homesociedade37.000 euros para dixitalizar o comercio de Monforte

37.000 euros para dixitalizar o comercio de Monforte

O Presidente da Deputación asinou co CCU de Monforte un convenio para contribuír a que os preto de 150 asociados do colectivo implanten medidas tecnolóxicas nos seus negocios para ser máis competitivos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A axuda que concede a institución provincial contribúe a impulsar o comercio de proximidade na zona sur da provincia “nuns momentos difíciles, nos que se necesita recuperar a confianza na cidadanía e buscar novas fórmulas de promoción e venda que resulten atractivas”, subliña o Presidente, Tomé Roca.

Esta achega pretende contribuír a combater os efectos da crise económica provocada pola pandemia, sobre todo nas actividades de servizos. Nesta liña, a institución provincial puxo en marcha a campaña EN LUGO, SI co fin de revitalizar o tecido económico da provincia e o emprego nas pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos.

EN LUGO,SI  inclúe accións dirixidas aos propios negocios, traballadores e profesionais dos sectores produtivos para dotalos de ferramentas na actual situación, así como iniciativas dirixidas á cidadanía, difundindo, os valores e fortalezas da provincia e do seu tecido produtivo.

Tamén baixo o paraugas desta campaña, organizáronse os foros Abrindo as portas: o rexurdir do turismo para pulsar o sentir do sector da hostalería e do turismo fronte á campaña deste verán e adoptar decisións que contribúan a mellorar a súa situación. 

ÚLTIMAS

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...

Ata o 12 de marzo as asociacións de comerciantes poden solicitar as axudas da Xunta para dinamizar o sector

A Xunta convocou as axudas anuais ás asociacións de comerciantes para dinamizar o comercio...

O CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel pide axuda á veciñanza para recuperar palabras en desuso

O CPI Poeta Uxío Novoneyra vén de poñer en marcha unha iniciativa, "Palabra no...