HomesociedadeQueres xestionar o albergue municipal de Sober?

Queres xestionar o albergue municipal de Sober?

O Concello de Sober mantén aberto ata o día 6 o prazo para o contrato de arrendamento do ben patrimonial municipal situado na Rúa Cuartel de Sober para a xestión e explotación do albergue ‘Barbagelata.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O albergue conta con 14 prazas e o orzamento base de licitación está fixado en 446,28 euros. O contrato será por dous anos con posibilidade de prórroga por un ano.

As ofertas poderán presentarse ata o día 6 de agosto ás 14:00 horas. Pode accederse a toda a documentación no apartado ‘Perfil do Contratante’ da páxina www.concellodesober.com  

O establecemento

O Concello de Sober encargouse de acondicionar o edificio, que conta con 14 prazas, e instalar o mobiliario. O establecemento ten algo máis de cen metros cadrados útiles divididos en tres plantas. As habitacións están nos dous pisos superiores. A estética é similar a dos hostels que proliferan nas cidades europeas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...