HomesociedadeMonforte desinfecta o Club Fluvial tras o positivo dunha traballadora

Monforte desinfecta o Club Fluvial tras o positivo dunha traballadora

Unha traballadora do Club deu positivo en COVID-19 tras regresar dun período de vacacións fora do municipio.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, anunciou que se está desinfectando a contorna do Club Fluvial despois de que se detectase un positivo nun dos seus traballadores.

En concreto, a empresa FCC, encargada do servizo de recollida de lixos e limpeza viaria, procederá na mañá deste xoves a desinfectar os accesos ao Club Fluvial e a rúa Caneiro.

O obxectivo, explicou, é “garantir a hixiene e saúde” de toda a poboación do municipio ante a COVID-19, así como transmitir tranquilidade, dado que se adoptaron todas as medidas necesarias.

Esta semana confirmábase que unha traballadora do Club dera positivo en COVID-19 tras regresar dun período de vacacións fora do municipio. No momento, activouse o protocolo de illamento e seguimento de contactos, aínda que a súa presenza no Club Fluvial foi limitada desde o seu regreso.

En todo caso, os responsables das instalacións decidiron pechar xa o luns de forma preventiva o Club, antes de coñecer o resultado da proba, que foi positivo, polo que, polo momento, mantense o peche. Ademais, foron sometidos a probas PCR os compañeiros de quenda da afectada, que deron negativo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...