HomesociedadeUnha hospitalizada en Monforte por Covid19 despois de máis de 3 meses...

Unha hospitalizada en Monforte por Covid19 despois de máis de 3 meses e medio sen coronavirus

Unha muller de 60 anos do foco do Saviñao hospitalizada en Monforte. O Hospital de Monforte non tiña ingresados por coronavirus desde o 22 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de máis de 3 meses e medio volve o coronavirus ao Hospital de Monforte. Trátase dunha muller de 60 anos, caso activo do foco do Saviñao, que non presenta síntomas graves. Posiblemente non tarde en enviarse de novo a seguir o confinamento no domicilio. Con esta hospitalización son 3 os pacientes por coronavirus en hospitais na provincia, un no HULA, outro na Mariña e este caso de Monforte.

A provincia conta con 72 casos activos de coronavirus dos que 26 están na Mariña onde seguen descendendo cada día os casos activos tralo “rebrote”. Mentres en Galicia aumentan en 32 os casos activos con respecto a este xoves e sitúanse en 444 –tras subir en cinco áreas sanitarias–, dos que 177 corresponden á da Coruña e Cee –21 máis que a xornada pasada–, onde hai un gromo relacionado cun ximnasio en Arteixo.

Dos 444 casos activos, 177 corresponden á área da Coruña e Cee –21 máis que este xoves–; 72 á de Lugo –un menos–; 78 á de Vigo –tres máis–, 43á de Pontevedra e O Salnés –dúas máis–; 34 á de Ourense –dúas máis–; 35 á de Santiago–cinco máis– e cinco á de Ferrol –sen cambios–.

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...