HomesociedadeO centro de saúde de Chantada mellora a súa eficiencia enerxética

O centro de saúde de Chantada mellora a súa eficiencia enerxética

A Xunta de Galicia investirá 240.000 euros na mellora da eficiencia enerxética de cinco centros de saúde da provincia, implantando caldeiras de biomasa nos centros de Navia, Ourol, A Pontenova e Chantada, que na actualidade utilizan propano, e no da Pastoriza, que consume gasóleo.

Publicado o

POR
Redadacción
- Advertisement -

Esta medida é froito dun acordo marco subscrito entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a de Sanidade, para impulsar o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables nos centros de saúde, logrando edificios máis respectuosos co medio ambiente e sustentables.

No conxunto de Galicia actuarase sobre 28 centros, cun orzamento de 1,5M€, dos que 1,2 serán financiados polo Inega. Este acordo enmárcase nos proxectos de enerxías renovables que a Xunta está impulsando en edificios da administración pública autonómica. Ademais destes proxectos tamén se convocan axudas dirixidas a familias, empresas e entidades locais e sen ánimo de lucro.

Neste sentido, destaca a Estratexia da biomasa posta en marcha no ano 2014, co obxectivo de promover o uso deste recurso limpo, autóctono e renovable co que se conseguen aforros de ata o 60% con respecto a outras fontes de enerxía como o gasóleo, ademais de poñer en valor o monte galego, favorecendo a xestión forestal. Esta Estratexia xa ten permitido, no período 2014-2019, apoiar a instalación de 7000 caldeiras con aforros de 14M€ anuais.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...