HomesociedadeDía de Galiza Mártir o 17 de agosto en Sarria

Día de Galiza Mártir o 17 de agosto en Sarria

As vítimas do franquismo serán lembradas cunha ofrenda floral, unha conferencia do historiador Rafael García Ferreira e a actuación de Raiceira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os actos do Día de Galiza Mártir comezarán cunha ofrenda floral no murallón de Santa Mariña, a carón da placa que lembra ás vítimas do franquismo na comarca, ás 20:00 horas. A continuación, o historiador Rafael García Ferreira pronunciará unha conferencia baixo o título “O golpe do 36: violencia e perspectiva nacional”.  A música de Raiceira acompañará a intervención.

Na presentación do acto participaron a vicepresidenta, Maite Ferreiro, e o deputado de Memoria Histórica, Efrén Castro, quen avogou pola “institucionalización do 17 de agosto como Día da Galiza Mártir para lembrar a todas as persoas asasinadas e perseguidas polo franquismo en Galiza e  render homenaxe a Alexandre Bóveda”.

A conmemoración do Día da Galiza Mártir foi instaurada en 1942 en Bos Aires, polos galegos no exilio, na honra de Alexandre Bóveda, fusilado polos fascistas na Caeira, en Poio, no 1936.

Efrén Castro incidiu na “necesidade de desenvolver política públicas dirixidas ao coñecemento da nosa historia e ao fortalecemento dos valores democráticos, para proporcionar verdade, xustiza e reparación a todas as vítimas da represión e as súas familias”.

Nesa liña, lembrou que “segue pendente a localización de persoas asasinadas, a anulación das sentenzas ditadas polas tribunais fascistas, a devolución de bens expoliados, a retirada de honores e recoñecementos públicos aos verdugos e o enxuizamento dos delitos contra os dereitos humanos que se produciron durante o franquismo”.

“A creación dunha área específica de Memoria Histórica foi un paso adiante para visibilizar e recoñecer ás vítimas. O inicio dun camiño no que imos seguir avanzando ao longo da lexislatura, da man dos colectivos que están a traballar neste ámbito. Nun contexto como o actual, de auxe da ultradereita que nega os crimes do franquismo e ataca dereitos e liberdades, é máis necesario ca nunca pular pola memoria dos que de verdade loitaron pola democracia, non dos falsos heroes da transición”, concluíu.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...