HomesociedadeDavid Amor pon o broche final ao "Sarria Sorrí"

David Amor pon o broche final ao “Sarria Sorrí”

O monologuista actuará o 20 de agosto ás 21h no Parque de Santa Mariña de Sarria con acceso de balde con invitación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

David Amor é o cómico escollido para pór o broche final ao ciclo de monólogos Sarria Sorrí, que ten traído ata a vila a Leo Harlem, Eva Soriano, Álex Clavero, Quique Matilla, Oswaldo Digón ou Alberte Montes, entre outros.

A historia de David Amor comeza no 2001 en O rei da comedia, programa da TVG. Dende entón, é escollido por El Club del Chiste e, máis tarde, por El Club de la Comedia. A Sarria Sorrí trae un monólogo unipersonal de humor elaborado, fresco e innovador con altas dosis de retranca galega e novas ideas xurdidas do confinamento. Despois do monólogo haberá un espectáculo de maxia.

David Amor / Etiqueta Negra Producciones

Sarria Sorrí chega así ao seu remate nesta primeira edición, despois de ter comezado o 16 de agosto e ter sido unha aposta polo optimismo despois do confinamento. O obxectivo Etiqueta Negra Producciones e co Concello de Sarria como patrocinador institucional, era cerar un evento cultural ao aire libre con tódalas medidas hixiénico-sanitarias pertinentes e os mellores humoristas para facernos ver que, a pesares dos problemas, na nova normalidade tamén se pode sorrir. Ademais queríase contribuir á configuración dun fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico na Comunidade, potenciando Sarria coma unha parada obrigada do Camiño de Santiago. 

“Quixemos colaborar na volta á normalidade sen descoidar a seguridade dos nosos artistas e o noso público. O esforzo para conseguir isto foi enorme, tentando compensar a falta de comodidades dun teatro con servizo de bar seguro que ademais potencie o consumo local”, explican desde Etiqueta Negra Producciones, que espera no 2021 celebrar a II edición.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...