Homesociedade"Traballo na peli de Dani de la Torre", di Monforte

“Traballo na peli de Dani de la Torre”, di Monforte

Este 19 de agosto o director monfortino, Dani de la Torre, comezou a rodaxe da súa última película Live is Life. Un filme que ten escenarios da Ribeira Sacra como principais localizacións e que conta coa paticipación de moita xente de Monforte e contorna.

Publicado o

- Advertisement -

O cineasta monfortino, Dani de la Torre volve a rodar na casa e arredores despois da súa última película, La sombra de la ley e volve tamén á gran pantalla despois da serie La unidad.

Live is Life era aquela canción de Opus de 1985 e é tamén o título da película de Dani na que un grupo de rapaces se xuntan para vivir unha aventura na noite de San Xoán a mediados dos 80. O guión de Albert Espinosa é un canto á vida e á felicidade, segundo o propio autor, centrándose na experiencia duns adolescentes que “aínda cren nos soños. Facía anos que quería escribir unha película familiar que tocase moitos corazóns e que te levase inmediatamente á nenez e á adolescencia. Contar con Dani de la Torre é un soño porque é como atopar unha alma xemelga que dará ás a este guión”, dixo o guionista.

E en termos similares se pronuncia o director, Dani de la Torre, que asegura “que Albert me entregara a súa historia e poder ambientala na miña terra é un soño cumprido. Para min é moi especial poder rodar aquí e poder contribuír a poñer en valor este lugar tan fermoso ao tempo que lembro a miña propia nenez”.

O cineasta Dani de la Torre dirixe ‘Live is Life’ | EP/Warner Bros

Dani de la Torre afirmaba onte en Onda Cero Monforte que a rodaxe que hoxe comezou sería a máis rara da súa vida con todas as medidas de protección pola Covid19, as máscaras, o distanciamento e as PCR semanais que se lles fan ao equipo.

A rodaxe comezou en Ferreira e seguirá por concellos como O Saviñao, Sober, Monforte ou Esgos, cun equipo dunhas 120 persoas formado por profesionais de Warner Bros e Atremedia Cine, pero tamén por persoas da comarca contratadas para labores de apoio. Hai que engadir tamén os figurantes, a maioría da zona, desde este mércores moita xente traballa na película de Dani de la Torre e así o fan saber.

Hai que sumar tamén un dos actores protagonistas. Dos 5 mozos protagonistas para contarnos esta aventura adolescente, dous son galegos, un deles de Monforte. Dun casting a máis de 2.000 rapaces en toda España os escollidos son estes 5 mozos, actores noveis que seguro axudan a darlle á película a frescura daqueles protagonistas de Verano Azul, serie coa que Dani de la Torre máis identifica a súa proposta.

Live is Life / Atresmedia Cine

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...